miércoles, 11 de mayo de 2016

Plan de Equipo

Decidimos facer o xogo en papel, ademais disto xa temos pensadas algunhas das preguntas, con diferentes opcións para responder.


NOME
CARGO
FUNCIÓNS
Lucas F.S.
Motivador
Motivar e intentar que todos os membros do equipo traballen e realicen as súas funcións. 
Diego G.F.
Coordinador
 Coordinar o grupo para un bo funcionamento e facer que todos realicen as súas funcións.
Gonzalo M.A-M
Axudante
 Axudar aos demais membros do grupo a realizar as suas funcións..
Vero R.A.
Mediadora
 Propiciar un bo comportamento de todos os membros 
do grupo.

miércoles, 27 de enero de 2016

Exposición do proxecto

A verdade é que neste proxecto todos fixemos un pouco de todo, a excepción de algunhas cousas. Eu creo que nos procesos de investigación, a pre preparación da entrevista e esta mesma, todos traballamos máis ou menos por igual; aínda que logo, separamos as tarefas e, mentres Ana e máis María facían a rúbrica, eu fun o que montei o vídeo da entrevista, con unha pouca axuda de André.

Na visita a empresa, cada un tiña cadansúa tarefa. María e Ana fixeron as preguntas, que logo preguntaron María e André, Ana gravou o audio da entrevista, aínda que logo se decidira non utilizalo, e eu filmei o local e a entrevista.
  
Durante o proxecto aprendín moitas cousas, non só técnicas como a editar mellor os vídeos, senón que tamén a traballar mellor en equipo e respetar máis o traballo dos demáis, aínda que me caeron algunhas broncas. 

O máis difícil para min, bo, sen contar a edición do vídeo, que me levou un bo tempo; sen dúbida foi o traballar cooperativamente co grupo, porque, principalmente, non os coñecía demasiado, sobre todo a María e a Ana, o que provocou algúns discursos e discusións, pero non demasiado grandes.

O máis fácil foi o contacto coa empresa final, pois creo que a todos nos asombrou a rapidez coa que nos escoitaron, responderon e atenderon. 

Se tivese que repetir cambiaría a elección das empresas, porque antes da que finalmente escollemos, estivemos con dúas que directamente pasaron de nós. A primeira recibiu a nosa petición e nos respondeu, díxonos que estariamos en contacto e logo, non nos volveron a escribir, aínda que lles seguimos contactando. E, a segunda, simplemente non nos respondeu.

Non cambiaría o resultado de todo o traballo pois, pese a empezar dando palos de cego que, de non ser polas pautas que tiñamos que seguir, non conseguiriamos pouco máis que nada, finalmente conseguimos atopar un rumbo que seguir e traballar todos unidos, concentrados neste traballo que agora pareceu corto.

miércoles, 20 de enero de 2016

Investigando a empresa (TERRAE)

Esta é a empresa coa que finalmente traballamos.

1)       Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).

Terrae, é unha pequeña empresa, unha Sociedade Civil.

2)       Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.

Sector terciario, hostalaría e venda de alimentos.

3)       Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.

E´ste sector é o que máos está crecendo e o predominante en todos os países desenvolvidos, debido á terciarización.

4)        Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.

Se adica a vender produtos alimenticios ecolóxicos e saudables coma nun mercado, pero tamén cocinados.

5)         Localización e factores de localización (páx.156).

Rúa de Venezuela, 76, 36204 Vigo, Pontevedra
O seu principal factor de localización é encontrarse nunha zona bastante transitada pola xente (preto do Corte Inglés)

6)         Factores produtivos que precisa para a proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.

Non hai factores productivos pois son unha empresa do sector terciario.

7)          Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).

Distribue os seus servizos a nivel rexional.

8)          Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).

Temos que preguntalo.

9)         Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…

Temos que preguntarlo.

10)       Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.

Temos que preguntarlo.

11)       Relacións da empresa con Organizacións empresariais.

Temos que preguntarlo.

12)         Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.

Temos que preguntarlo.