miércoles, 27 de enero de 2016

Exposición do proxecto

A verdade é que neste proxecto todos fixemos un pouco de todo, a excepción de algunhas cousas. Eu creo que nos procesos de investigación, a pre preparación da entrevista e esta mesma, todos traballamos máis ou menos por igual; aínda que logo, separamos as tarefas e, mentres Ana e máis María facían a rúbrica, eu fun o que montei o vídeo da entrevista, con unha pouca axuda de André.

Na visita a empresa, cada un tiña cadansúa tarefa. María e Ana fixeron as preguntas, que logo preguntaron María e André, Ana gravou o audio da entrevista, aínda que logo se decidira non utilizalo, e eu filmei o local e a entrevista.
  
Durante o proxecto aprendín moitas cousas, non só técnicas como a editar mellor os vídeos, senón que tamén a traballar mellor en equipo e respetar máis o traballo dos demáis, aínda que me caeron algunhas broncas. 

O máis difícil para min, bo, sen contar a edición do vídeo, que me levou un bo tempo; sen dúbida foi o traballar cooperativamente co grupo, porque, principalmente, non os coñecía demasiado, sobre todo a María e a Ana, o que provocou algúns discursos e discusións, pero non demasiado grandes.

O máis fácil foi o contacto coa empresa final, pois creo que a todos nos asombrou a rapidez coa que nos escoitaron, responderon e atenderon. 

Se tivese que repetir cambiaría a elección das empresas, porque antes da que finalmente escollemos, estivemos con dúas que directamente pasaron de nós. A primeira recibiu a nosa petición e nos respondeu, díxonos que estariamos en contacto e logo, non nos volveron a escribir, aínda que lles seguimos contactando. E, a segunda, simplemente non nos respondeu.

Non cambiaría o resultado de todo o traballo pois, pese a empezar dando palos de cego que, de non ser polas pautas que tiñamos que seguir, non conseguiriamos pouco máis que nada, finalmente conseguimos atopar un rumbo que seguir e traballar todos unidos, concentrados neste traballo que agora pareceu corto.

1 comentario:

  1. Ola, Lucas: non tes nada publicado sobre o teu país a día de hoxe.

    Un saúdo,

    Eva

    ResponderEliminar